CARMEN
PUGLIESE E MARIO CLAVELL
PRESENTARON
A NOVA REVISTA
“CAMINO
DE SANTIAGO. REVISTA PEREGRINA”
En Santiago de Compostela
Avenida de A Coruña,
6 baixo // 15706 Santiago de Compostela
Mércores 24 de Setembro
de 2008 ás 12:00
Hoxe mércores presentouse
en rolda de prensa no CIP, a nova revista “Camino de Santiago. Revista
Peregrina”. No acto interviron a directora da revista, Carmen Pugliese,
e o Coordinador do Consello de Redacción da mesma, Mario Clavell.
A presentación pública da revista será mañá
xoves ás 20:15 no Hostal dos Reis Católicos.
O número 1º foi entregado
aos periodistas asistentes e distribúese a partir de mañá
xoves en quioscos de toda España,
Esta publicación (bimensual, 100
paxs, PVP 4.50 €) é a primeira revista venal de contido xacobeo
que se edita en España (as Asociacións de Amigos do Camiño
adoitan publicaren un boletín de difusión interna; a Federación
Española de Asociacións Xacobeas publica, pola súa
banda, a revista ‘Peregrino’, de difusión restrinxida).
Edita a nova Revista a Sociedade
Limitada “Pseudo Turpín”, con sede en Burgos, sede tamén
da Redacción, cuxo Consello de está constituido por:
-Carmen Pugliese (Milán), directora, doctora en Historia, longa Traxectoria peregrinera e hospitalaria.
-Antón Pombo (Corcubión), subdirector, doctor en Historia contemporánea, autor da Guía do Camiño francés e de outras guías de turismo, editadas por Anaya Touring.
-Ana Belén de los Toyos (Oviedo), Lda. en Historia, arquiveira do Principado de Asturias.
-Rosa Vázquez (Sarria), doctora en Historia da Arte.
-José Aº de la Riera (Vigo), presidente da Asociación Galega de Amigos Do Camiño de Santiago.
-Mario Clavell (Barcelona), filólogo, directivo da Asoc. Galega de Amigos do Camiño de Santiago.
Agradeceremos a súa asistencia ó acto de presentación pública que terá lugar mañá, xoves, 25 de setembro de 2008, ás 20.15 h. no Hostal dos Reis Católicos.
Contacto:
Mario Clavell
619 63 67 81 / 981 58 90 20
Roldas de prensa